a BorriqUita nO FeiTo A maN 2015!!!!



Feito a Man 2015 na Borriquita de Belém [Jazz&Love]

// XOVES 6 //
20.00h | F.I.L.O.
Trío formado en 2014 por Pablo Rega (guitarra eléctrica) Saúl Puga (contrabaixo) e L.A.R. Legido (batería). A súa música é unha mestura de improvisación e composición con influenzas do free jazz así como do rock ou do noise. Capaces de pasar dos momentos máis delicados a os mais abruptos e inesperados, explorando as posibilidades sonoras dos seus instrumentos ata as últimas consecuencias. Un directo impredecible e intenso que non deixa indiferente, unha proposta fresca e arriscada dentro do panorama galego. Quen dixo medo?!

// MARTES 11 //
22.00h | David Regueiro Swingtet
David Regueiro Swingtet é un proxecto enraizado na tradición do Hot Club de Francia e na linguaxe de Django Reinhardt. Javier Marcos na voz, Antonio Otero no saxo, Juyma Estévez no contrabaixo, Manuel Méndez á guitarra rítmica e David Regueiro na guitarra solista. O grupo presentar o seu álbum debut ‘…On Stage’, traballo que apunta a consolidarse como unha referencia dol jazz manouche en Galicia e en España.

// VENRES 14 //
13.00h | Le Pombe
Le Pompe é un dúo formado por violín e guitarra. Angela Neto e Dennis Romero recuperan temas do jazz francés dos anos 20 – 40. Estilo gypsy, maioritariamente do guitarrista Django Reinhardt e o violinista Stephane Grapelli.

// MARTES 18 //
22.00h | Lafresa
Fernando e Xulián son dous vellos coñecidos con moi longos e diferentes percorridos na música. No 2014 atópanse en Madrid e deciden unir as súas forzas nun dúo explosivo que toque a música como se facía antes, cunha escola e personalidades propias. Empregando maneiras de tocar de fai máis dun século, como o fingerpicking, o four on the floor ou o bottleneck, arremeten contra toda a música negra do s.XX producindo un son orixinal de alto contido temporal que en cuestión de segundos ataca ás túas cadeiras e lévante a bailar, cantar ou replantexarte a túa relación co universo.

// SÁBADO 22 //
13.00h | Tato Trío
Tato Vázquez na guitarra, Alex Salgueiro no órgano Hammond e LAR Legido na batería. Este trío nace para render homenaxe a algunhas das figuras máis importantes do xénero soul-jazz dos 60 e 70, buscando reflectar a frescura e o ritmo dunha época influenciada pola sonoridade do hammond.

// MARTES 25 //
22.00h | Apple Three
Apple Three é unha nova proposta musical de parte de Marcos Pin, Pablo Castaño e Narci Rodríguez. Trío atípico formado por voz, guitarra e saxo onde as posibilidades musicais multiplícanse . Re lectura de standars como excusa perfecta de improvisación.

No hay comentarios: