7 ago 2014

aGosto Feito a Man 2014


Feito a Man é un festival de rúa organizado pola  ASOCIACIÓN CULTURAL CIDADE VELLA  que pretende xerar sinerxias entre os espazos singulares da cidade e a creación artística.
Durante o mes de agosto, Feito a Man deseña e pon en escena un ciclo continuado de actuacións no que caben actividades artísticas de diverso xénero: Música- Cabaret- Instalacións- Performance- Teatro- Dj´s… Un festival de diversidade. Un fenómeno espacial onde interactúan os suxeitos dunha colectividade a través da creación.
Un dos obxectivos fundamentais do festival Feito A Man é dar a coñecer e difundir a capacidade creativa da cidade e o potencial da cidade vella como entorno excepcional para o seu posicionamento e visibilización. Asi mesmo, tamén se busca a implicación activa na dinamización cultural de Compostela e o compromiso coas manifestacións artísticas máis diversas, servindo como plataforma e vínculo entre os universos creativos e as xentes que habitan as rúas da cidade.
Os escenarios de Feito a Man son as rúas e prazas da cidade histórica de Compostela que se converten nun marco singular para deixar o protagonismo ao artista, o espectador, o espazo e as sinerxias que entre eles se producen.
Programación do Feito a Man na Borriquita de Belém.


marzo20

+info