29 ene 2015

febReiRo



Este será o primeiro concerto dunha serie que titulamos "black label". Caracterizaranse porque seleccionaremos grandes artistas e brindarémosvos a oportunidade de gozar dun concerto nun ambiente intimo e cun número moi reducido de espectadores. Para velos cara a cara, sentilos e ulilos...

Temos o gran privilexio de que o noso primeiro convidado será o gran artista internacional Adrián Costa, bluesman compostelán, ex cantante e guitarrista de Los Reyes del K.O., ofrecerá unha actuación en solitario na que estará acompañado polo seu maquineto, un vello sampler que lle permite repetir as gravacións que se fai a si mesmo para animar, e a súa batería.

Prezo: 10€ (intro + consumición mínima)
As entradas estarán á venda a partir do xoves 29 na Borriquita.
Aforamento moi limitado.

Logo do concerto pinchada especial do Dj John Obi.

Concerto da programación de Clubtura - Asoc. salas de concertos de Galicia.
[+info  Adrián Costa, Reverbnation]



  





marzo20

+info