1 dic 2015

decembRo


Mércores 2 - 9 - 16
(Blues Canallas)


Xoves 3 - 10 - 17
Jamborrí
Concerto + Jam Session Marcos Pin Trío
(Jazz)



Vernes 4 - 21:30 - 5€
Concerto Pan de Capazo
(Folk/Klezmer)



Martes 8 - 21:30
Concerto Patxaranga (Chotokoeu)
(Balkan/Ska/Swing)



Sábado 12 - 20:30 - 4€
Concerto Christos Rafalides Cuarteto
(Jazz)


Martes 22 - 22:00
Concerto The BlueSailors
(Blues)


9 nov 2015

NOvembrO


Presentación de "Triangle & Square" , concerto composto para catro excepcionais guitarristas de jazz:
Jens Larsen, Virxilio da Silva, Afonso Pais e Marcos Pin.
Martes 10 na Borriquita de Belém.
Entradas 5€, xa a venda no noso local.





[+ Info Marcos Pin]



[+ Info Miguel Flores]
[+ Info Evento]



[+ Info Paul Álvarez]
[+ Info Evento]


[+ Info Evento]
[+ Info  Ton Risco Trío]



16 oct 2015

oUtubrO


Dj Mike Latrama na noite de samain.
Os mortos saen das tumbas e, disque lles mola o Funk&Soul!!!



[+ info Borri, FacebookTwiterGoogle +]



[+ info Marcos Pin, FacebookTwitterWebBandcamp]








4 sept 2015

seTembro


Logo de centos de km. nun intenso verán de xira, os máis canallas regresan á Borri para comezar unha nova tempada de mércores de blues e birras!!!

Todos os mércores ás 22h. The Fabulous Resaca Brothers ao vivo!!!


[+ info Borri, Facebook, Twiter, Google +]



[+ info Marcos Pin, Facebook, Twitter, Web, Bandcamp]




[+info Sumrrá, Facebook, Twitter, Web,Bandcamp]




[+info The Big Lis Gumbo Band , Facebook, Twitter, Bandcamp]

5 ago 2015

a BorriqUita nO FeiTo A maN 2015!!!!



Feito a Man 2015 na Borriquita de Belém [Jazz&Love]

// XOVES 6 //
20.00h | F.I.L.O.
Trío formado en 2014 por Pablo Rega (guitarra eléctrica) Saúl Puga (contrabaixo) e L.A.R. Legido (batería). A súa música é unha mestura de improvisación e composición con influenzas do free jazz así como do rock ou do noise. Capaces de pasar dos momentos máis delicados a os mais abruptos e inesperados, explorando as posibilidades sonoras dos seus instrumentos ata as últimas consecuencias. Un directo impredecible e intenso que non deixa indiferente, unha proposta fresca e arriscada dentro do panorama galego. Quen dixo medo?!

// MARTES 11 //
22.00h | David Regueiro Swingtet
David Regueiro Swingtet é un proxecto enraizado na tradición do Hot Club de Francia e na linguaxe de Django Reinhardt. Javier Marcos na voz, Antonio Otero no saxo, Juyma Estévez no contrabaixo, Manuel Méndez á guitarra rítmica e David Regueiro na guitarra solista. O grupo presentar o seu álbum debut ‘…On Stage’, traballo que apunta a consolidarse como unha referencia dol jazz manouche en Galicia e en España.

// VENRES 14 //
13.00h | Le Pombe
Le Pompe é un dúo formado por violín e guitarra. Angela Neto e Dennis Romero recuperan temas do jazz francés dos anos 20 – 40. Estilo gypsy, maioritariamente do guitarrista Django Reinhardt e o violinista Stephane Grapelli.

// MARTES 18 //
22.00h | Lafresa
Fernando e Xulián son dous vellos coñecidos con moi longos e diferentes percorridos na música. No 2014 atópanse en Madrid e deciden unir as súas forzas nun dúo explosivo que toque a música como se facía antes, cunha escola e personalidades propias. Empregando maneiras de tocar de fai máis dun século, como o fingerpicking, o four on the floor ou o bottleneck, arremeten contra toda a música negra do s.XX producindo un son orixinal de alto contido temporal que en cuestión de segundos ataca ás túas cadeiras e lévante a bailar, cantar ou replantexarte a túa relación co universo.

// SÁBADO 22 //
13.00h | Tato Trío
Tato Vázquez na guitarra, Alex Salgueiro no órgano Hammond e LAR Legido na batería. Este trío nace para render homenaxe a algunhas das figuras máis importantes do xénero soul-jazz dos 60 e 70, buscando reflectar a frescura e o ritmo dunha época influenciada pola sonoridade do hammond.

// MARTES 25 //
22.00h | Apple Three
Apple Three é unha nova proposta musical de parte de Marcos Pin, Pablo Castaño e Narci Rodríguez. Trío atípico formado por voz, guitarra e saxo onde as posibilidades musicais multiplícanse . Re lectura de standars como excusa perfecta de improvisación.

30 jun 2015

XuLLo





Todos os mércores Blues Canalla cos The Fabulous Resaca Brothers
22:00h. Entrada de balde.





Todos os xoves JamBorri 100% Jazz. Concerto + Jam.
22:00h. Entrada de balde.






10 mar 2015

#‎eudivírtomesenmolestar‬


Hoxe iniciamos unha campaña online na que queremos solicitar a vosa axuda. Queremos concienciar sobre o verdadeiro problema dos ruidos en Compostela: o ruido na rúa. Cremos que divertirse e respetar o descanso d@s veciñ@s é totalmente compatible, só debemos mentalizarnos tod@s de que na rúa non debemos berrar, e de que non por facelo nos imos divertir máis.
Así que, animámosvos a tod@s a que subades unha foto vósa facendo o xesto de pedir silencio (sshhhh) co hashtag ‪#‎eudivírtomesenmolestar‬ para encher o facebook e o twitter de persoas pedindo que non se berre na rúa!! Animádesvos??




Compostela Cidade Dormitorio é unha reportaxe sobre a actual situación de baleiro legal que, xunto coas denuncias de alguns veciños, teñe orixinado a persecución e acoso dos locais de Santiago que programan cultura.

29 ene 2015

febReiRo



Este será o primeiro concerto dunha serie que titulamos "black label". Caracterizaranse porque seleccionaremos grandes artistas e brindarémosvos a oportunidade de gozar dun concerto nun ambiente intimo e cun número moi reducido de espectadores. Para velos cara a cara, sentilos e ulilos...

Temos o gran privilexio de que o noso primeiro convidado será o gran artista internacional Adrián Costa, bluesman compostelán, ex cantante e guitarrista de Los Reyes del K.O., ofrecerá unha actuación en solitario na que estará acompañado polo seu maquineto, un vello sampler que lle permite repetir as gravacións que se fai a si mesmo para animar, e a súa batería.

Prezo: 10€ (intro + consumición mínima)
As entradas estarán á venda a partir do xoves 29 na Borriquita.
Aforamento moi limitado.

Logo do concerto pinchada especial do Dj John Obi.

Concerto da programación de Clubtura - Asoc. salas de concertos de Galicia.
[+info  Adrián Costa, Reverbnation]



  





marzo20

+info