Hoxe iniciamos unha campaña online na que queremos solicitar a vosa axuda. Queremos concienciar sobre o verdadeiro problema dos ruidos en Compostela: o ruido na rúa. Cremos que divertirse e respetar o descanso d@s veciñ@s é totalmente compatible, só debemos mentalizarnos tod@s de que na rúa non debemos berrar, e de que non por facelo nos imos divertir máis.
Así que, animámosvos a tod@s a que subades unha foto vósa facendo o xesto de pedir silencio (sshhhh) co hashtag #eudivírtomesenmolestar para encher o facebook e o twitter de persoas pedindo que non se berre na rúa!! Animádesvos??
[Facebook Plataforma Compostela Territorio Musical]
No hay comentarios:
Publicar un comentario